jueves, 9 de diciembre de 2010

IGAPE

Liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais que realicen as pemes galegas.
Obxecto: convocatoria de axudas consistentes nunha liña de financiamento subsidiado para producións audiovisuais participadas por produtoras galegas, entendendo como tales producións as longametraxes, películas para a televisión, documentais, animación, mini-series de ficción, programas piloto e producións de contidos interactivos.
Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOCE L/214, do 9 de agosto de 2008), as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. En todo caso deberán exercer ou ter intención de exercer a actividade de produción audiovisual e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/06/2011