viernes, 17 de diciembre de 2010

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR 2011

Obxecto: establecemento dun réxime de axudas aplicable aos terreos cinexéticos para:
Modalidade A: recuperación das poboacións de perdiz rubia (Alectoris rufa) a través da mellora da calidade do seu hábitat.
Modalidade B: conservación e recuperación do coello de monte (Oryctolagus cuniculus), mediante a construción das instalacións necesarias para a súa cría en semiliberdade e a súa reintrodución no medio natural.
Beneficiarios: titulares de tecores galegos como as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada Tecor, só será admisible unha única solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18 de xaneiro do 2011.