martes, 30 de noviembre de 2010

AXUDAS DO IGAPE PARA O APOIO FINANCEIRO AOS INVESTIMENTOS DE PEMES

Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do instituto de crédito oficial ao amparo de determinadas liñas ICO 2010.
Obxecto:  regular o contido e procedemento de tramitación das axudas consistentes nunha liña de subsidiación ao financiamento obtido, mediante a modalidade de préstamos, polas pequenas e medianas empresas que, cumprindo os requisitos destas bases, promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2010 do Instituto de Crédito Oficial (ICO), seguintes:
-Liña ICO-Economía sustentable.
-Liña ICO-Investimento.
-Liña ICO-Internacional.
-Liña ICO-Emprendedores.
Beneficiarios:  autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (pemes), que formalizasen operacións de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor destas bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) sinaladas por un importe igual ou superior a 25.000 € e que cumpran coas condicións específicas establecidas nestas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: 21 de xaneiro de 2011.