viernes, 17 de diciembre de 2010

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2011(BASES REGULADORAS)
Obxecto: Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos polos danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2011. As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011.
Beneficiarios: Propietarios de gando, especificado no anexo I, afectado por ataques de lobos dentro da comunidade autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de axuda correspondentes aos danos producidos entre o 1 de outubro de 2010 e a entrada en vigor desta orde cursaranse no prazo dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, a presentación das solicitudes de axuda deberase de facer dentro do mes seguinte ao de produción do dano.