lunes, 6 de abril de 2026

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE RODAXES AUDIOVISUAIS EN GALICIA

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e á súa convocatoria para o ano 2026.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano no epígrafe IAE 961.1 e cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento de presentar a solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día 9 de abril de 2026 ás 9.00 horas e rematará o día 1 de outubro de 2026 ás 20.00 horas.