lunes, 27 de marzo de 2023

CONVOCATORIA PREMIOS FIN DE CARREIROA DE GALICIA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2022 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que rematou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2021/22.

Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2021/22 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Orzamento e contía dos premios
O importe global previsto na orde é de 381.500,00 €.
Cada premio terá unha dotación máxima de 3.500 € e un diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.