jueves, 18 de agosto de 2022

OBRADOIROS E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0 PARA 2022

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2022, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis pemes galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación e procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 8 de setembro de 2022.