jueves, 7 de julio de 2022

RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para que se aproben as bases reguladoras relativas ás residencias artísticas do Gaiás e se convoquen para o ano 2022 (código de procedemento CT898A).

Obxecto
O obxecto da presente convocatoria é ofrecer catro bolsas para formación a través de residencias, para o que se realizará unha selección dun máximo de catro proxectos vinculados a algunha das categorías seguintes: artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño, valorando positivamente a ligazón con outras disciplinas non recollidas nestas bases e tendo en conta o carácter híbrido da cultura actual, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física ou xurídica que poida desenvolver residencias de traballo entre tres semanas e mes e medio máximo, nos espazos dispoñibles para este labor na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, sempre que cumpra cos seguintes requisitos:
O proxecto pode ser presentado por artistas individuais ou colectivos galegos, que desenvolvan a súa actividade no territorio de Galicia, pero cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha área por solicitude. No caso de colectivos, poderán presentarse aqueles que xa se constituíron como persoa xurídica, ou grupos de persoas individuais que presenten conxuntamente un proxecto. Neste último caso, designarase un representante único do proxecto, o cal debe desenvolver a súa actividade no territorio de Galicia, e que será o único interlocutor e perceptor da bolsa. A Fundación allea ás relacións interpartes co resto de participantes no proxecto.
Non ter o carácter de persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de bolsas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.