jueves, 7 de julio de 2022

PROCEDEMENTO PARA O RECOÑECEMENTO DO DEREITO A PRÉSTAMOS DE FINANCIAMENTO DE CAPITAL CIRCULANTE EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (código de procedemento MR553D).

Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento, en réxime de concorrencia non competitiva, para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións bovinas garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con concesión da subsidiación dos tipos de xuro dos ditos préstamos (axudas de minimis) por parte da Consellería do Medio Rural (código de procedemento MR553D). Só serán obxecto de financiamento, nos termos establecidos nesta orde, as garantías e tipos de xuro dos préstamos que as persoas interesadas formalicen coas entidades financeiras adheridas, mediante a sinatura do correspondente convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ao Instrumento financeiro de xestión centralizada, e que asinasen un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para instrumentar os préstamos indicados.

Persoas beneficiarias
Terán a consideración de destinatarias finais dun préstamo as persoas físicas autónomas ou xurídicas titulares de explotacións bovinas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Importe
O importe que se solicite en ningún caso superará a contía que resulte de multiplicar o número de vacas adultas maiores de 24 meses da explotación de vacún de leite por 1.000 euros, e 300 euros no caso de cabezas para explotacións de vacún de carne. As unidades de gando consideraranse en 1 de abril de 2022. En todo caso, o importe máximo do préstamo que se conceda será de 30.000 euros por explotación.

Préstamo de financiamento de capital circulante.
A contía asignada nesta convocatoria pola Consellería do Medio Rural para custear as garantías deste IFXC destinado ás explotacións agrarias finánciase con cargo ao concepto 14.04.712B.841.01 e código de proxecto 2022 00140 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha anualidade para o ano 2022 de 4.000.000 euros.
Estas garantías están financiadas polo Feader nun 75 %, pola Xunta de Galicia nun 17,5 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 7,5 %.

Subsidiación dos tipos de xuro.
A Consellería do Medio Rural subsidiará os tipos de xuro do préstamo, cun límite máximo de 2 puntos porcentuais, e sen que en ningún caso o tipo de xuro resultante do préstamo poida ser menor do 0 %, de acordo co establecido nesta orde de convocatoria e nas cláusulas do convenio. Os xuros serán de tipo variable con revisión anual.
As subsidiación dos tipos de xuro regulada nesta orde farase efectiva con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.470.1 (proxecto 2010 01153) por un importe de 1.000.000 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, distribuído nas seguintes anualidades: para o 2022, 250.000 euros; para o 2023, 416.666,67 euros; para o 2024, 250.000 euros; e para o 2025, 83.333,33 euros.
Esta aplicación orzamentaria poderase incrementar, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.