lunes, 4 de abril de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DO CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL

 O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 22 de ABRIL de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial).

 Quenda de mañá - de 09:00 a 15:00 horas - Colexios e institutos

Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)

 O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:

  1. Ciencias da Saúde:
    1. Facultade de Enfermaría e Podoloxía (FEP)
      1. Grao en Enfermaría
      2. Grao en Podoloxía
  2. Ciencias Sociais e Xurídicas
    1. Facultade de Humanidades e Documentación (FHD)
      1. Grao en Xestión Industrial da Moda
      2. Grao en Xestión Dixital da Información e Documentación
      3. Grao en Relacións Internacionais (Novo! Curso 2022/23)
    2. Facultade de Ciencias do Traballo
      1. Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
  3. Enxeñaría
    1. Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)
      1. Grao en Enxeñaría Mecánica
      2. Grao en Tecnoloxías Industriais
      3. Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
      4. Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica
      5. Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)
      6. Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
      7. GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)
    2. Escola Universitaria en Deseño Industrial (EUDI)
      1. Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto

Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -https://bit.ly/3iooB00

 Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos

 Campus Industrial de Ferrol

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

sapefer@udc.es