jueves, 28 de abril de 2022

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTE NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "VIA KÜNIG III" DE AS NOGAIS, BARALLA E BECERREÁ

Primeiro.- Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as cales desempeñan actividades que están directamente relacionadas coa formación impartida no Obradoiro Dual de Emprego de As Nogais, Baralla e Becerreá, no que se impartíu a formación necesaria para obter o Certificado de Profesionalidade EOCH0108 Operacións de formigón, que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos Concellos de As Nogais, Baralla e Becerreá.


Segundo.- Obxecto: Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, financiados a través da subvención para os obradoiros duais de emprego da comunidade Autónoma de Galicia, pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Terceiro.- Bases Reguladoras: As bases completas e os modelos de solicitude están publicados na sede electrónica do Concello de As Nogais (https://concelloasnogais.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.

Cuarto.- Contía: Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500€ por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes: Quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.