viernes, 1 de abril de 2022

SUBVENCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DE FROTAS DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS E MERCADORÍAS DE EMPRESAS PRIVADAS PRESTADORAS DE SERVIZOS DE TRANSPORTE POR ESTRADA, ASI COMO EMPRESAS QUE REALICEN TRANSPORTE PRIVADO COMPLEMENTARIO

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

Obxecto
O obxecto desta orde é convocar as subvencións incluídas nos programas de incentivos ligados á transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para os anos 2022, 2023 e 2024.

Compatibilidade das axudas
1. As subvencións obxecto desta convocatoria serán incompatibles con outras subvencións ou axudas que puidesen concederse para a mesma finalidade, procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou de organismos internacionais.
2. En ningún caso poderán ser compatibles coas axudas dirixidas a municipios no marco do PRTR para a implantación de zonas de baixas emisións e para a transformación dixital e sustentable do transporte urbano nin con ningunha outra axuda europea, en particular proveniente de fondos CEF e Feder ou doutros compoñentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Destinatarias últimas das axudas
1. De acordo co disposto no artigo 14 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, serán destinatarias últimas das subvencións convocadas por esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor na data de solicitude das axudas:
a) Unha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MDPE.
b) Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.
c) Unha autorización de transporte privado complementario de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima, identificada coa clave MPCE.
d) Unha autorización de transporte privado complementario de viaxeiros en autobús coa clave VPCE.
e) Unha autorización autonómica de transporte público de mercadorías con clave MDLE, sempre que teñan adscritos á devandita autorización vehículos de máis de 3,5 t de masa máxima a data de aprobación do presente real decreto.
2. As destinatarias últimas definidas no punto anterior poderán recibir axudas unicamente en relación coa categoría e clase de vehículos asociada á habilitación que lles outorgue a autorización da que son titulares.
3. Serán igualmente destinatarias últimas das subvencións convocadas mediante esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal en Galicia, as persoas xurídicas privadas que á data de solicitude da axuda presten o servizo público de transporte urbano en autobús e estivesen exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas no punto 1 do artigo 14 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.
4. Non poderán ser destinatarias últimas das axudas:
a) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme á definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño.
b) As persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias enumeradas no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
d) As empresas ou entidades de titularidade pública que sexan prestadoras do servizo de transporte público urbano.

Actuacións subvencionables
1. De acordo co disposto no artigo 16 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, son actuacións subvencionables:
a) Actividade 1: achatarramento. Código de procedemento IF318B.
b) Actividade 2: adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono. Código de procedemento IF318C.
c) Actividade 3: retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos. Código de procedemento IF318D.
d) Actividade 4: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Código de procedemento IF318E.
e) Actividade 5: adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias. Código de procedemento IF318F.
2. Estas actividades deberán cumprir os requisitos que se establecen para cada unha delas no anexo I do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, ou normativa que o desenvolva ou modifique.
3. A concesión das axudas para a actividade 1: achatarramento estará sometida aos requisitos e límites establecidos no Marco nacional temporal aprobado pola Comisión Europea na súa Decisión SA.56851(2020/N), do 2 de abril, e as súas modificacións, sempre que a data de concesión da axuda quede comprendida dentro do seu período de vixencia.
As axudas á devandita actividade 1 que se concedan a partir da data de finalización da vixencia do referido Marco nacional temporal, deberán cumprir co Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, sen prexuízo do resto de disposicións tanto do dereito nacional como da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como do PRTR.
O importe total das axudas de minimis que poderá concederse a cada un destes destinatarios últimos non poderá exceder a cifra de 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Así mesmo, o importe total das axudas de minimis que poderá concederse a cada un destes destinatarios últimos, no caso de que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada, non poderá exceder a cifra de 100.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Deberá achegarse unha declaración de axudas recibidas xunto á solicitude de axuda. Na concesión da subvención comunicarase ao beneficiario o instrumento xurídico dos dous anteriores baixo o que se outorga a subvención.
4. A concesión das axudas para a actividade 2: adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, actividade 3: retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos e actividade 4: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos estará sometida aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, e aplicarase a exención correspondente á categoría de axudas para a protección do ambiente (sección 7), sen prexuízo do resto de disposicións do dereito da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo europeo de recuperación como do PRTR.
O orzamento medio anual que poderá dedicarse ás axudas desta categoría (sección 7), para cada unha das actuacións ou programas ou réximes de incentivos diferenciados, enumerados no punto 1, como actividades 2, 3, 4 e 5, non poderá superar a cifra de 150 millóns de euros, e establécese un límite de axuda por destinatario último e convocatoria que figura no anexo I do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro.
5. Segundo o disposto na disposición transitoria única do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, con carácter transitorio, poderanse outorgar estas axudas para os vehículos de gas (GNC, GNL) de categoría M, excluídos os vehículos de «solo baixo» segundo o especificado no punto 3 da parte C do anexo I do Regulamento (UE) nº 2018/858, do 30 de maio de 2018, tanto para a actividade 2 de adquisición de vehículos novos con enerxías alternativas baixas en carbono como para a actividade 3 de retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos, ata o 31 de decembro de 2023, sen necesidade de cumprir o requisito de uso exclusivo de biometano ou outro gas renovable para o seu funcionamento. Posteriormente á devandita data, non se outorgará ningunha axuda a vehículos de gas (GNC,GNL) non vinculadas ao uso exclusivo de biometano ou outro gas renovable.
6. A concesión das axudas para a actividade 5: adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias estará condicionada á autorización previa da Comisión Europea e aos límites e criterios que estableza na súa resolución de autorización, sen prexuízo do resto de disposicións do dereito da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como do PRTR.
7. Dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións por parte dos destinatarios últimos das axudas, iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda.
Iso sen prexuízo da realización das correspondentes actuacións preparatorias que sexan necesarias para presentar a solicitude ou levar a cabo os correspondentes investimentos, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, que poderán ser considerados subvencionables, aínda cando fosen facturados con anterioridade á solicitude, sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se iniciaran con posterioridade á data de publicación do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, no Boletín Oficial del Estado, isto é, 17 de novembro de 2021.
8. A Dirección Xeral de Mobilidade no seu respectivo ámbito de xestión garantirá o pleno cumprimento de «non causar dano significativo» (principio Do Not Significant Harm-DNSH) e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases de deseño e execución de proxectos.
Así mesmo, será de aplicación á presente orde de axudas o Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Mobilidade aprobado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa de incentivos ligados á transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, contarase a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de abril de 2024, fóra da actividade 4 cuxa vixencia finalizará o 31 de decembro de 2023.
2. En todo caso, de acordo co establecido no artigo 16.4 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro, a concesión das axudas previstas nesta convocatoria para a realización da actividade 5 (desenvolta no anexo I do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro), estará condicionada á autorización previa da Comisión Europea e a os límites e criterios que estableza na súa resolución de autorización, sen prexuízo, do resto de disposicións do dereito da Unión Europea que puideran resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como do PRTR.
3. Á finalización do expresado prazo de vixencia non serán admitidas máis solicitudes.