miércoles, 16 de marzo de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS (XPAV) PARA FUTUROS ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 





1.- No Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC), estamos preparando as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) para os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h, vía Teams.

 

A nosa intención e facer unhas Xornadas áxiles e interesantes para o Futuro Estudante, nas que poderá: 

  • Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderán facer consultas aos relatores. 
  • Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC lles ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.  
  • Participar nos retos e obradoiros, nos que poderán conseguir premios. 

 

As Xornadas comezarán o dia 30 e o 31 de marzo ás 16,00h coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022. 

 

Podedes visitar a última edición das Xornadas virtuais na seguinte ligazón: 

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/ 

 

2.- BOLSAS MINISTERIO EDUCACIÓN: Adianto prazo de solicitudes curso 2022/23 

O sábado 12/03/2022, publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022/23, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. 
prazo de solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022, a través da Sede Electrónica do Ministerio. 
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html 

  

Gracias pola atención e colaboración prestadas. 

Contamos con vós nas XPAV-MARZO-2022  

 

Un cordial saúdo, 

Servizo de Estudantes