lunes, 3 de mayo de 2021

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021 DE DIVERSAS CATEGORIAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 75/2021, do 8 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2021.

Aprobación da oferta de emprego público
Apróbase a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2021.
Cuantificación da oferta de emprego público
1. O número de prazas que integran a oferta de persoal estatutario para o ano 2021 ascende a un total de 1.203 prazas.
2. A distribución por categorías/especialidades e sistemas de acceso realizarase de conformidade co disposto no articulado e no anexo deste decreto.