miércoles, 19 de mayo de 2021

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2021

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2021 (código de procedemento PR935A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas de emerxencia social para o ano 2021 (código de procedemento PR935A) cuxas bases reguladoras foron publicadas no DOG núm. 58, do 26 de marzo de 2021.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguiente.
Para os efectos desta convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que nacesen en Galicia ou ben acrediten que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos, con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non se poidan valer por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de novembro de 2021, ambos incluídos.