lunes, 27 de julio de 2020

TARXETA BONO TURÍSTICO #QuedamosenGalicia

AXENCIA TURISMO DE GALICIA



Obxecto, contía e réxime das subvencións
Esta resolución ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia, que se fará efectivo a través dunha tarxeta prepagamento que se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico e que se atopan publicadas na web da Axencia turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).
O procedemento de concesión do Bono turístico é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competititiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste bono aquelas persoas empregadas públicas, tanto persoal funcionario, estatutario ou persoal laboral, fixo ou temporal, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
a) Todo o persoal do Sistema público de saúde de Galicia, tanto dependente da Consellería de Sanidade como do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas dependentes deste organismo.
b) Persoal empregado público destinado nos centros residencias de maiores, discapacidade e menores, calquera que sexa a súa categoría laboral.
2. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa solicitante teña a condición de empregado publico das categorías establecidas no número anterior.
b) Que a persoa solicitante estivese prestando servizos dentro do período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de xuño de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución ata o dia 30 de novembro de 2020 (incluído).