viernes, 6 de julio de 2018

SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA



Obxecto da convocatoria
1. Esta orde ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P).

 Solicitudes e prazo
As solicitudes axustaranse ao establecido nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Data de inicio e fin das accións formativas. Prazos de xustificación
1. A data de comezo das accións formativas figurará na solicitude e non poderá ser anterior á data resultado de engadir tres meses á data de finalización do prazo límite de presentación de solicitudes.
2. O remate das accións formativas terá como data límite o 30 de setembro de 2019 e, en todo caso, respectará os prazos de xustificación establecidos no artigo 33 da Orde do 31 de decembro de 2017.

Excepcionalmente, por causas xustificadas que xurdan despois da data de resolución, e sempre logo de autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, as accións formativas poderán rematar, como máximo, o 30 de outubro de 2019.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para que dite, no ámbito da súa competencia, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.