martes, 24 de julio de 2018

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A CONSTITUIR SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer unhas novas bases reguladoras das subvencións dirixidas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor), mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR635A) e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.
A través desta liña de subvencións poderanse financiar os seguintes custos:
a) O custo de identificación dos predios e clasificación dos terreos situados dentro da superficie de actuación, nos cales se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal.
Inclúense os traballos necesarios para comprobar se a cartografía catastral se corresponde coa realidade; alí onde se detecten erros, o traballo incluirá a elaboración dunha representación gráfica alternativa validada polo Catastro.
Trasladaranse os límites reais sobre plano e efectuarase unha valoración do voo.
b) Os custos de impulso á Sofor que se pretende constituír.
Abarca os gastos derivados da localización dos propietarios, da comprobación das súas propiedades e dos labores de información necesarios para lograr que cedan os seus predios á sociedade.
c) Os gastos de constitución da Sofor.
Comprenden os gastos de redacción de estatutos, de elaboración da escritura de constitución da sociedade, de notaría e de inscrición no Rexistro mercantil.
d) A instalación obrigatoria dun cartel informativo (modelo do anexo B2) nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.
O IVE non é subvencionable.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de subvencións será dun mes, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.