lunes, 15 de enero de 2018

SUBVENCIÓNS PARA EXTENSIÓN DE REDES DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA EN ENTIDADES SINGULARES DE POBOACIÓN

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Finalidade
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida, capaces de prestar servizos de 100 Mbps ou superior, para dotar de cobertura a totalidade ou partes claramente delimitadas das entidades singulares de poboación (ESP) de menos de 300 habitantes obxectivo.
As subvencións convocadas ao abeiro das presentes bases están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia, no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017.
Beneficiarias
As persoas que teñan a condición de operador, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.
Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas en que polo menos un dos integrantes teña a condición de operador segundo se establece no punto anterior.
Prazo de presentación de solicitudes
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.