viernes, 22 de diciembre de 2017

ORDEN PAGAMENTOS ANTICIPADOS NAS AXUDAS PARA SUFRAGAR DANOS NAS VIVENDAS E NO SEU ENXOVAL DOMÉSTICO CAUSADOS POLOS INCENDIOS DE OUTUBRO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Artigo único. Pagamentos anticipados

1. No procedemento contido no artigo 19, relativo ás axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios acontecidos en Galicia durante os días 14, 15 e 16 de outubro de 2017, as persoas beneficiarias, sen necesidade de constituír ningunha garantía, poderán solicitar pagamentos anticipados de ata o 25 % do importe da subvención concedida e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. A solicitude do anticipo deberá presentarse, conforme o modelo que se xunta a esta orde, ante a área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) onde estea situada a vivenda, a cal, unha vez examinada esta, elevará unha proposta de concesión á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá motivadamente.

3. Non poderán realizarse pagamentos anticipados a aquelas persoas beneficiarias que estean nalgunha das situacións sinaladas no número 6 do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.