lunes, 27 de marzo de 2017

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2017, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2016 exixidos para participar en eventos expositivos do ano 2017 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que se celebren entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2017.
Considéranse actuacións subvencionables:
Para titulares de obradoiros artesáns:
A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro nas cales non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 € de subvención por certame, impostos excluídos.
A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma galega, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 €, cun máximo de 900 € de subvención por certame, impostos excluídos.
A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en Pop Ups, Corners e Showrooms.
A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 €, cun máximo de 900 € de subvención por certame, impostos excluídos.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 7.000 €, IVE excluído.
Para concellos:
Feiras monográficas cuxo obxecto sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 € de subvención por feira.
Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de cinco edicións, incluíndo a edición en curso. O importe máximo de subvención será de 3.000 € por feira se conta cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non acaden o 80 % dos expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 € por feira.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 €.
Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns:
Organización de feiras de artesanía, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de distintos oficios cun número de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, que conten cun mínimo de 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).
A porcentaxe subvencionable alcanzará o 80 % do investimento, cun máximo de 15.000 € de subvención por certame.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 30.000 €.
Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro nas cales non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 € de subvención por feira.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 €.
Beneficiarios
Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia.
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.