lunes, 13 de febrero de 2017

SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE ENXEÑEIRO/A TÉCNICO DE OBRAS PÚBLICAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

SERVIZO RECURSOS HUMANOS

Anuncio


OBXECTO DA CONVOCATORIA.
Constatándose que a vixente Listaxe de Emprego Temporal de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas non conta con aspirantes dispoñibles.
Considerando que no Informe Proposta do Servizo de Vías e Obras, que consta no expediente, tense acreditado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, para atender as funcións especializadas da profesión regulada deste tipo de funcionarios para a execución das actuacións encomendadas ao dito Servizo, tanto en materia de mantemento e conservación da extensa rede viaria de titularidade provincial como nos traballos de colaboración cos Concellos e na realización de obras novas, necesidade acentuada ao existir actualmente un déficit estrutural de efectivos desta clasificación en relación a etapas anteriores, que fai moi difícil atender ás encomendas asumidas.
Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria, son as seguintes:
Denominación: Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas.
Clasificación: Grupo A. Subgrupo A2.
Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas e de categoría de entrada.
- EFECTIVOS A INCORPORAR PARA CUBRIR INTERINAMENTE A DEVANDITA PRAZA/POSTO/EMPREGO DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Enxeñeiro/aTécnico/a de Obras Públicas.
Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de servizos que realiza funcións de carácter prioritario.
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno,
ACORDOU:
1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concursooposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas.