miércoles, 12 de agosto de 2015

SUBVENCIÓNS REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2015, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto terceiro desta resolución.
Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a tivesen solicitado nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
2. Será requisito para poder ser persoa beneficiaria da subvención estar dedicando a vivenda a domicilio habitual e permanente. Ademais, no caso de destinarse a uso propio, esta dedicación deberá ser, cando menos, desde a data da notificación da cualificación definitiva ou, no caso de destinarse a alugamento, desde a sinatura do contrato de arrendamento, que deberá estar comprendida entre o día seguinte ao da notificación da cualificación definitiva e o da publicación da convocatoria de subvención. No suposto de vivendas con cédula de rehabilitación de calidade ou actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, o cumprimento deste requisito de residencia habitual e permanente polos/as propietarios/as ou polos/as inquilinos/as, no caso de aluguer, deberá ser desde a data da solicitude da subvención.
No caso de poboación galega residente no exterior da Comunidade Autónoma e que non destine as vivendas a aluguer, a obriga de residencia habitual e permanente limitarase á residencia na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante o período de, polo menos, 15 días ao ano.
3. No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares das vivendas ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións, en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
4. Para o caso de actuacións con destino ao aluguer, os ingresos ponderados das unidades familiares que residan nas vivendas terán que ser inferiores a 4,5 veces o IPREM. No caso de vivendas con cédula de rehabilitación, os ingresos da unidade familiar da persoa beneficiaria deberán ser inferiores a 3,5 veces o IPREM.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.