viernes, 7 de agosto de 2015

SUBVECIÓNS A PERSOAS ADQUIRENTES, ADXUDICATARIAS OU PROMOTORAS INDIVIDUAIS PARA USO PROPIO DE VIVENDA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2015, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.
Bases reguladoras
As bases reguladoras destas subvencións foron aprobadas mediante o Decreto 402/2009, do 22 de outubro (Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 5 de novembro), polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as seguintes persoas:
a) As adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
b) As adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de cooperativa.
c) As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
d) As adquirentes de vivendas libres de prezo limitado e de vivendas usadas.
2. En todo caso, será requisito necesario que as persoas beneficiarias estean acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro de 2009 e o 31 de decembro de 2011 e, ademais,
a) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conten coa escritura pública de compravenda ou adxudicación inscrita no Rexistro da Propiedade, onde conste, separadamente, o prezo da vivenda e de cada un dos anexos, se os tiver.
b) Cando se trate de persoa promotora individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa resolución de cualificación definitiva da vivenda.
3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións aquelas en que concorran algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e tampouco aquelas que obtivesen con anterioridade as mesmas axudas que se convocan nesta orde.
4. As circunstancias persoais da persoa solicitante e da súa unidade familiar que se terán en conta para resolver sobre estas subvencións serán as acreditadas no expediente polo que se outorgou o financiamento estatal, así como as acreditadas na documentación indicada no artigo 8 desta orde.
Para a tramitación destas solicitudes terase en conta a documentación xa presentada polas persoas solicitantes na súa solicitude de financiamento estatal, sen que sexa preciso volver a achegala.
Prazo de solicitude: ata o 7 de setembro de 2015.