martes, 29 de abril de 2014

SUBVENCIÓN PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS E CON BAIXA CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


 Obxecto e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas menores de 30 anos e con baixa cualificación correspondentes ao exercicio de 2014, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar.
2. As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan especialidades vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01).
3. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán participar os centros e entidades colaboradoras inscritos ou acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que poderán solicitar especialidades do catálogo de familias da formación profesional para o emprego vinculadas a certificados de profesionalidade de nivel 1 ou ás competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23) e comunicación en lingua galega (FCOVXX01) en que estean inscritas ou acreditadas na data de publicación da orde.
Prazo de solicitude: ata o 28 de maio de 2014.