miércoles, 2 de abril de 2014

BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE ASESOR ENERXÉTICO

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA 



Obxecto:  O obxecto da presente convocatoria é conceder, en réxime de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia e concorrencia competitiva, tres axudas para técnicos do sector eléctrico, que desexen ampliar a súa formación práctica na Axencia Provincial da Enerxía, así como efectuar labores de asistencia no traballo cotiá da Axencia, nalgunha das materias que son da súa competencia. 
Características e duración da axuda: O número de bolsas convocadas será de tres, con data límite para o remate das bolsas o 30 de xuño de 2015, cunha duración máxima de 12 meses, que se contarán a partir da data de incorporación do bolseiro/a na Axencia Provincial da Enerxía de Lugo, extinguíndose polo transcurso deste tempo máximo. 
A data de incorporación será a data na que se lle notifique ao adxudicatario/a da bolsa. A non incorporación no prazo establecido implicará a perda automática dos dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada e acreditada de atraso na incorporación. Neste caso requirirá autorización expresa da Axencia Provincial da Enerxía de Lugo para o aprazamento ata un máximo de 15 días naturais na incorporación á bolsa. 
 Presentación das solicitudes e prazo: A solicitude, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme ao modelo oficial que figura nos anexos I e III, dirixíndoa ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa, preferentemente no Rexistro Xeral da Deputación ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro e a Lei 4/99 de modificación da anterior, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. As solicitudes presentadas fóra de prazo, en ningún caso, serán admitidas para participar na convocatoria. Calquera requerimento ou notificación posterior á convocatoria, que se faga no presente procedemento 
selectivo publicárase no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación de Lugo