Modificación das Bases Reguladoras de Axudas a Proxectos Colectivos Empresariais.
ENLACE RELACIONADO: Axudas a Proxectos Colectivos Empresariais.
martes, 18 de enero de 2011
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
(PLAN EMEGA) Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino.
Obxecto: convocatoria de axudas para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:
-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
Beneficiarios:- Área de actuación I: as mulleres que, partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de 3 meses, constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens.
- Área de actuación II: as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 18/02/2011
SOLICITUDE

viernes, 14 de enero de 2011
jueves, 13 de enero de 2011
BANDO
BANDO
D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),
F A G O S A B E R:
Que O Concello de As Nogais está adherido ao Plan Lugo Emprega a través do cal se realizará unha selección de persoal laboral temporal, na categoría de operario de servizos diversos, para a contratación de sete traballadores.
Todas as persoas que estean interesadas en participar no proceso de selección deberán solicitalo no Concello desde o día 14 ao 19 de Xaneiro, mediante a cumplimentación dunha solicitude e a aportación dunha fotocopia do DNI e da tarxeta de demandante de emprego actualizada, ou ben dun certificado de estar inscrito como desempregado en calquera oficina de emprego da provincia de Lugo.
O sistema de selección consistirá:
· Nun exercicio tipo test de 10 preguntas que versará sobre aspectos xerais de Administración Local, así como coñecementos específicos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver.
· Nunha entrevista curricular.
A publicación da composición do Tribunal de Selección, así como a lugar, data e hora de realización da proba de coñecementos realizarase no Boletín Oficial da Provincia. As ditas publicacións efectuaránse cunha antelación mínima de 48 horas á realización da proba de coñecemento.
Ás persoas seleccionadas formalizaráselles un contrato laboral temporal por unha duración de seis meses.
Para máis información achegarse ás Oficinas do Concello en horario de 9 a 15h de luns a venres.
Dado en As Nogais a 13 de Xaneiro de 2011
O ALCALDE
martes, 11 de enero de 2011
viernes, 7 de enero de 2011
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros.
Obxecto: convocatoria de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros.
Beneficiarios:a) Empresas vinícolas.
b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no capítulo VII do título III do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, do 29 de abril.
c) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas vitivinícolas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/02/2011

Subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario.
Obxecto: convocatoria de axudas para a realización de actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.
Beneficiarios: as organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 07/02/2011