Fondo Galego de Garantía Agraria
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer o procedemento de concesión directa dunha axuda financeira de emerxencia destinada a compensar parcialmente os sobrecustos de produción soportados polas explotacións agrarias como consecuencia do aumento dos prezos dos fertilizantes e, se é o caso, do gasóleo, derivado da crise en Oriente Próximo, producido a partir do 1 de marzo de 2026, data de inicio do conflito.
2. A axuda terá carácter compensatorio e estará destinada a contribuír ao mantemento da viabilidade económica das explotacións beneficiarias, sen que en ningún caso poida producir unha sobrecompensación das perdas económicas sufridas.
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas agricultoras que cumpran simultaneamente os seguintes requisitos:
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos comúns:
a) Ser titulares dunha explotación agraria situada total ou parcialmente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Exercer unha actividade agraria baixo o seu control efectivo, consonte o estipulado no Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, obter os beneficios derivados dela e asumir o risco empresarial correspondente.
c) Ter presentado en Galicia a solicitude única da política agrícola común (PAC) correspondente á campaña 2026.
d) Cumprir os demais requisitos establecidos nesta resolución e non ter creado artificialmente as condicións exixidas para obter a axuda.
2. Ademais dos requisitos comúns establecidos no número anterior, aplicaranse condicións segundo a tipoloxía da persoa ou entidade beneficiaria
Prazo de presentación das comunicacións de aceptación das axudas
O prazo de presentación da comunicación da aceptación da axuda será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.