miércoles, 22 de enero de 2020

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PORDUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Para efectos desta resolución, consideraranse do sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades incluídas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento UE 651/2014.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de febreiro de 2020, ás 9.00 horas, e concluirá o 15 de maio de 2020, ás 23.59 horas.
2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACION ELÉCTRICA AOS COSUMIDORES VULNERABLES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Contía
Importe máximo por solicitante de 300 €/ano ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas.

Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no DOG e rematará o 30 de novembro de 2020.

SUBVENCIÓNS PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS DE COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa I - Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
– Programa II - Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

 Entidades beneficiarias
– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
– As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


 Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

 Entidades beneficiarias
– As asociacións de entidades de economía social.
– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
– As cámaras de comercio.
– As universidades.
– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, TAXI DE EMISIÓNS CERO E TAXI ECO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi de tipo ECO.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2020.
3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquisen entre o 2 de abril de 2019 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda.
4. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular o solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2020.

SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos que se recollen no anexo II, Relación de equipamento (código de procedemento PR949A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


martes, 21 de enero de 2020

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

                                                                                      ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Obxecto
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e convócase, baixo o réxime de concorrencia competitiva, o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas orientado aos nenos e nenas galegos, con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos (código do procedemento PR775A).

Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.