lunes, 12 de marzo de 2018

PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establécense as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos a persoas responsables de impartir docencia nas entidades galegas do exterior e a persoas galegas residentes fóra de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para este programa as persoas responsables de impartir docencia naquelas entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e de conformidade co disposto no artigo 2 da resolución.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REENCONTROS NA CASA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases reguladoras das axudas correspondentes ao programa Reencontros na casa para o ano 2018, orientado a promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas que reúnan os requisitos establecidos nos números 1, 2 e 3 da resolución da convocatoria.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 9 de marzo de 2018

CORRECCIÓN DE ERROS.- OBRADOIROS E AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

PREMIO ELIAS VALIÑA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Finalidade

Esta orde ten por obxecto a convocatoria e o establecemento das bases reguladoras da concesión do Premio Elías Valiña para distinguir o labor revitalizador dos valores propios dos Camiños de Santiago como un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento e dos valores propios dos Camiños de Santiago por parte das asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Inclúese, así mesmo, a posibilidade de que o xurado propoña unha mención especial, sen dotación económica, a unha persoa física que, pola súa sensibilidade e interese, teña contribuído especialmente á posta en valor do Camiño. Esta mención só se poderá outorgar de maneira individual.

Persoas beneficiarias

Poderán participar as asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro cunha traxectoria que acredite o seu labor na protección, revitalización, fomento do coñecemento e dos valores propios do Camiño de Santiago, e que desenvolvan a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia.

Estas entidades deberán ter acreditada unha traxectoria de cando menos cinco anos de funcionamento efectivo na consecución dos obxectivos establecidos na convocatoria.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas cales se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as que fosen premiadas nas cinco convocatorias anteriores co Premio Elías Valiña.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE PROGRAMAS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Artigo 1

Amplíase:

1. A data limite do ámbito temporal de execución das liñas de actuación establecidas na convocatoria, que será ata o 30 de novembro de 2018.

2. O prazo máximo para a presentación da xustificación final das accións formativas previsto no artigo 60.1, que quedará establecido no 30 de decembro de 2018.

3. O prazo para a realización das prácticas non laborais referidas no artigo 11, número 4, que deberán estar finalizadas, en todo caso, o 30 de novembro do 2018.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACION DAS CONDICIÓNS DO PROCEDEMENTO DE PRÓRROGA DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


ACORDO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual

Modifícase a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual, nos termos que se recollen a seguir:

Un. Engádense dous números ao artigo 11:

4. O cómputo dos ingresos para a concesión da prórroga do Programa do bono de alugueiro social realizarase conforme o establecido no artigo 4 desta orde.

5. A comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento de prórroga efectuarase de conformidade co previsto no artigo 10 desta orde.

Dous. O anexo V da Orde do 15 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 2018, substitúese polo anexo que se xunta a esta orde.

Disposición transitoria única. Réxime das prórrogas

As disposicións desta orde aplicaranse a todas as solicitudes de prórroga deste programa, con independencia do ano da convocatoria en que se fundamente a súa concesión.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.