lunes, 6 de marzo de 2017

MODIFICACIÓN.- DISTRIBUCIÓN DE SERVIZOS OFERTADOS DO PROGRAMA RE-ACCIONATIC

SUBVENCIÓNS Á RENOVACIÓN TOTAL OU PARCIAL DE ASCENSORES EXISTENTES DE EDIFICIOS DE VIVENDAS EN RÉXIME DE PROPIEDADE HORIZONTAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal.
Beneficiarias
Comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas, de acordo cos artigos 2 e 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
Contía
Importe total da convocatoria: 700.000,00 €.
Contía das axudas: 50 % do investimento subvencionable por ascensor, cun máximo de 10.000,00 € por ascensor e 20.000,00 € por comunidade de propietarios.
Prazo de presentación de solicitudes
Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 27 de xaneiro de 2017 no Diario Oficial de Galicia, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida.

SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
Preténdese a promoción do desenvolvemento rural galego cunha liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, apoiando actuacións con fins de aforro enerxético de fomento do uso das enerxías renovables e, en concreto, a utilización de biomasa forestal con fins enerxéticos.
Beneficiarios
Persoas físicas de dereito privado, comunidades ou mancomunidades de veciños
Propietarios ou titulares dun inmoble do sector residencial sito no ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia
Agrupacións de persoas físicas privadas sen personalidade
Contía
1. A contía global da convocatoria ascende a 2.265.000 €. Esta contía poderase incrementar en función das solicitudes presentadas e sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.
Este crédito está financiado con fondos propios, que ascenden a 765.000 €, e con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que ascenden a 1.500.000 €, dos cales o 75 % procede do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), un 7,5 % procede dos orzamentos xerais do Estado e un 17,50 % dos orzamentos da Comunidade Autónoma.
2. A intensidade máxima da subvención será dun 50 % do investimento elixible, de acordo co cálculo por potencia unitaria sen IVE da seguinte táboa, cun máximo de 50.000 €/proxecto.
Prazo de presentación de solicitudes
Inicio: ao día seguinte do remate do prazo de adhesión das entidades.
Fin: 1 mes contado desde o día seguinte ao remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras.
Xunto coa solicitude presentaranse telematicamente, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

SUBVENCIÓNS PARA A REVITALIZACIÓN DO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A INCENTIVACIÓN DO CONSUMO A TRAVÉS DO TÍCKET DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, de ámbito superior ao municipal, ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.
Beneficiarias
Asociacións de comerciantes, de ámbito superior ao municipal ou federacións sen fins de lucro, que desenvolvan actuacións para a revitalización do comercio de proximidade e incentivación da demanda comercial, a través de fórmulas conxuntas e integrais que superen a capacidade de actuación das asociacións de comerciantes de ámbito municipal.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓN PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.
Beneficiarias
As asociacións de vendedores das prazas de abastos sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos puntos 3.1.1.e) e 3.1.2.e) do artigo 1 da orde, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 1 de marzo de 2017

AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
b) As microempresas e pequenas empresas, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural ben para crearen unha nova empresa ben para seguiren traballando na preexistente como traballadores por conta propia. Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.2. das bases reguladoras.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2017.
Beneficiarios
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.
Nº de prazas: 682.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.