viernes, 11 de febrero de 2011

LUGAR E DATA DE REALIZACIÓN DA ENTREVISTA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO PLAN LUGO EMPREGA

CITACIÓN PARA A ENTREVISTA CURRICULAR DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS NO CONCELLO DE AS NOGAIS, PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS AO AMPARO DO PLAN LUGO EMPREGA, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ( Bases publicadas no Boletín Oficial de Provincia de data 13 de xaneiro de 2011)

Cítase aos aspirantes que superaron a puntuación mínima de 10  puntos para que comparezan á realización da entrevista curricular


DÍA
HORA
LUGAR
MÉRCORES 16 de febreiro de 2011
17:30
SALÓN DE ACTOS
INSTITUTO DE BACHARELATO DE BECERREÁ
Rúa Castelao, s/n


A entrevista segundo a base 8.2 consistirá na contestación a preguntas formuladas polos membros do Tribunal ou das súas Comisións e consistirá en afondar sobre cuestións curriculares dos/as aspirantes coa finalidade de apreciar o grao de experiencia laboral en relación coas funcións á que optan, valorándose principalmente a aptitude e actitude para o emprego que se convoca. Non se formularán preguntas sobre aspectos persoais ou non relacionados con empregos que se convocan.

A entrevista valorarase ata un máximo de 8 puntos e é obrigatoria.

Pazo Provincial de Lugo, 10 de febreiro de 2011.

O SECRETARIO DO TRIBUNAL.- Faustino Martínez Fernández

lunes, 7 de febrero de 2011

CUALIFICACIÓN DA PROBA DE COÑECEMENTO DA SELECCIÓN DE PERSONAL NO CONCELLO DE AS NOGAIS

CUALIFICACIÓN DA PROBA DE COÑECEMENTOS DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS NO CONCELLO DE NOGAIS, PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS AO AMPARO DO PLAN LUGO EMPREGA, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ( Bases publicadas no Boletín Oficial de Provincia de data 13 de xaneiro de 2011)

A base 8.1.- PROBA DE COÑECEMENTOS establece: “Consistirá nun exercicio tipo test de 10 preguntas que versará sobre aspectos xerais de Administración Local, así como sobre coñecementos específicos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver.
O tempo máximo para realizar esta proba será de 30 minutos.
Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superar este exercicio obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ao Tribunal, cando o número de aspirantes sexa notoriamente elevado ou notoriamente baixo en relación aos empregos a cubrir, determinar o número de respostas esixido para acadala puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio”.

Conforme ao sinalado, na base antes citada, á vista dos resultados das probas realizadas, e dado o elevado número de aspirantes en relación aos empregos ofertados, o Tribunal, por unanimidade, acorda fixar en 7 “sete” o número de respostas necesarias para acadar a puntuación mínima (10 puntos). En consecuencia, establécese a seguinte táboa de puntuacións:


Nº FINAL DE RESPOSTAS CORRECTAS
PUNTUACIÓN
1
1,42
2
2,86
3
4,28
4
5,71
5
7,14
6
8,57
7
10
8
11,43
9
12,86
10
14,29


En aplicación dos criterios anteriores o Tribunal outorga, por unanimidade, as seguintes puntuacións:


Nº
APELIDOS E NOME
PUNTUACIÓN
22
PÉREZ SANTÍN, ELISEO
14,29
2
AMEIJENDA DEL RÍO, NATALIA
12,86
9
FERREIRO ÁLVAREZ, FÉLIX
12,86
10
FONTAL BALBOA, CHRISTIAN
12,86
13
GALLARDO RODRÍGUEZ, DIEGO
12,86
15
LÓPEZ PÉREZ, GINÉS
12,86
17
MARCOS MENDEZ, IVÁN
12,86
19
NOVO CASTRO, JOSÉ MANUEL
12,86
25
RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, JESÚS
12,86
5
CARBALLO MARCOS, SERGIO
11,43
6
CEJUDO FERNÁNDEZ, RUBÉN
11,43
16
LÓPEZ VÁZQUEZ, ELMO
11,43
21
PÉREZ FREIJO, MARCOS
11,43
24
RODRÍGUEZ LÓPEZ, MANUEL
11,43
30
VICENTE RODRÍGUEZ, ANGEL
11,43
31
VIZCAÍNO BUSTO, MARCOS
11,43
18
NOVO BERNEDO, LUIS
10
3
ARIAS FERNÁNDEZ, MARIA
8,57
11
FONTAL CORREDOIRA, JAIRO
8,57
23
POY LEGASPI, JESÚS
8,57
26
SANTIAGO BUSTO, MANUEL
8,57
14
LOLO LÓPEZ, ISIDRO
7,14
20
NOVO FREIJO, NANDI
7,14
27
SIMÓN CABELLO, EMILIO JOSÉ
7,14
29
VALCARCE VEIGA, CARMEN
7,14
1
 ÁLVAREZ NOGUEIRA, ROI
5,71
8
FERNÁNDEZ RÍOS, YESSICA
5,71
12
GAGO LÓPEZ, CÉSAR
5,71


En consecuencia, o Tribunal declara que superaron a proba de coñecementos os aspirantes que acadaron unha puntuación de 10 puntos ou superior.
                                             
Pazo Provincial, 4 de febreiro de 2011

O SECRETARIO DO TRIBUNAL


ENLACE RELACIONADO: Información Plan Lugo Emprega.http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/LugoEmprega/index.html

viernes, 4 de febrero de 2011

CONVOCATORIA PROBAS CAPACITACIÓN TRANSPORTISTAS

Convocatoria de probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros.

SOLICITUDE

Temario: O establecido no anexo B da Orde do 28 de maio de 1999 do Ministerio de Fomento.
Examen: Os aspirantes á obtención do certificado de capacitación profesional deberán superar un exercicio que constará de dúas probas:
1º Exercicio: Test que constará de 100 preguntas con 4 respostas alternativas.
2º Exercicio: Contestación de 6 supostos prácticos, podendo requerir cálculos matemáticos.
Prazos presentación solicitudes:
1ªConvocatoria (entre o 30 de abril e o 5 de xuño): Do 5/2/2011 ao 22/2/2011
2ªConvocatoria (entre o 22 de outubro e o 27 de novembro): Do 1/8/2011 ao 19/08/2011

Enlaces Relacionados:
Orde do 28 de Maio de 1999 do Ministerio de Fomento

miércoles, 2 de febrero de 2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL


Enlaces Relacionados:

IGAPE

Axudas á internacionalización das empresas galegas
Obxecto: favorecer a internacionalización das empresas galegas, a través das seguintes liñas:
1. Liña de seminarios internacionalización (procedemento IG156).
2. Liña de planificación exterior (procedemento IG151).
3. Liña participación en eventos expositivos e promocionais internacionais celebrados fóra de Galicia (procedemento IG110).
4. Liña de misións comerciais directas (procedemento IG123).
5. Liña de misións comerciais inversas (procedemento IG124).
6. Liña de misións tecnolóxicas directas e inversas (procedemento IG154).
7. Liña de márketing, comunicación e marca (procedemento IG172).
8. Liña de prospección internacional (procedemento IG173).
9. Liña de primeira implantación promocional conxunta no exterior-Plan Primex (procedemento IG158).
Beneficiarios: as empresas galegas. Establécense diferentes requisitos en función da liña. Os devanditos requisitos veñen especificados no anexo I.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de marzo de 2011 para as liñas sinaladas cos números 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7, e ata o 31 de maio de 2011 para as liñas sinaladas cos números 8 e 9.