viernes, 21 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
SOLICITUDE
Obxecto: Establecer as axudas económicas, individuais e de carácter periódico, de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de doce mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período comeza o mes da solicitude. No suposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con esta e, atendendo ao disposto no artigo 10º, renuncie a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.

Beneficiarios:Mulleres que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunhas condicións económicas que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período de doce meses inmediatamente anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.
Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunido estes requisitos, percibiran esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Prazo de presentación de solicitudes:  20/01/2011 - 31/10/2011

IGAPE


Obxecto: Convocar para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais segundo as bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e modificadas polo dito Consello de Dirección o 15 de novembro de 2010 e publicadas inicialmente no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 20 de abril, e posteriormente modificadas segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/02/2011
ENLACES RELACIONADOS:

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.
SOLICITUDE
Obxecto: Bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:
- Programa I- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II- Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa III- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
- Programa IV- Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
- Programa V- Actividades de promoción do cooperativismo.
Beneficiarios: Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.
c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3.2.1 da base terceira.
d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego, así como os asalariados/as das cooperativas e sociedades laborais, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de Actividades de promoción do cooperativismo.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/02/2011

miércoles, 19 de enero de 2011

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Subvención relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior e se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes que se renoven de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3), reducindo o consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios:- Entidades colaboradoras: as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen.
- Beneficiarios da axuda: as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
Para as entidades colaboradoras: ata o 05/03/2011
Para os beneficiarios da axuda: ata o esgotamento de crédito

martes, 18 de enero de 2011

IGAPE

Obxecto:
O obxecto destas axudas é a concesión de 16 bolsas de promoción exterior coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.
Beneficiarios:
Titulados universitarios ( con titulación posterior ao 31 de decembro de 2002).
Requisitos:
Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:
*O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:
- Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
- Ser natural de Galicia.
- Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.
*Cumprir os requisitos do artigo 10º da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
*Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media) na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: arquitectura, bioloxía, biotecnoloxía, ciencias ambientais, ciencias do mar, física, xeoloxía, enxeñería, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, dereito, ciencias políticas, xornalismo, comunicación audiovisual, publicidade e relacións públicas e turismo. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
*Dominio dun dos seguintes idiomas (falado e escrito): alemán, francés, inglés, ou portugués.

Para estes efectos os candidatos deberán realizar unha proba do idioma elixido. Os candidatos poderán examinarse como máximo dun dos idiomas anteriores, para o que deberán indicar o idioma obxecto de exame na solicitude.
* Non ter concedida mediante resolución ou desfrutado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape, así como non estar desfrutando durante o proceso de selección dunha bolsa no Igape concedida a través doutras institucións.
* Non ter desfrutado doutra bolsa no estranxeiro concedida por outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
* Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
* Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración Pública da comunidade autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no cuestionario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, de acordo co establecido no artigo 11º g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: do 4/1/2011 ao 4/2/2011