XORNADA: Máis alá dos parques eólicos: Comunidade e Territorio.
jueves, 12 de noviembre de 2026
miércoles, 11 de noviembre de 2026
martes, 10 de noviembre de 2026
DIXITALIZACIÓN DE SERVIZOS TÉCNICOS DAS COOPERATIVAS
Achégase
un período de cambios técnicos e normativos que tocarán de cheo aos servizos
técnicos que ofrecen as cooperativas.
Novos requirimentos da PAC e do rexistro de explotacións, a fertilización
sustentable e a obrigatoriedade do caderno dixital de explotación a partir do 1
de xaneiro de 2027 son só algúns dos retos que se tratarán o 19 de novembro na
xornada online 'Dixitalización dos servizos técnicos das cooperativas. Datos,
clima, fertilización e caderno dixital', con especialistas que proporán
solucións e apoios baseados na dixitalización.
🖲️ Do dato ao asesoramento: intelixencia artificial, big data e
internet das cousas para os servizos técnicos do sector agroalimentario
🗺️ Folla de ruta agraria 2026-2028. Novas necesidades da persoa
socia e esixencias regulatorias: o caderno dixital, o REA e os novos
requirimentos da PAC
🗨️ Mesa redonda sobre 'servizos técnicos que demandan hoxe as
persoas socias' e coloquio sobre 'prioridades dos servizos técnicos para 2027'
🖥️🌱 Cadros de mando de fertilización: a ferramenta
definitiva para o asesoramento técnico
📱O C3 na práctica: cuestións operativas
📆 19/11/2026
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/XxkYf4YFSKCox-8W56PZzw#/registration
➕ Máis información: 🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.
lunes, 9 de noviembre de 2026
NORMAS DOS SORTEOS E DA VENDA DE PERMISOS DE PESCA EN COUTOS PARA A TEMPADA 2027
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
jueves, 5 de noviembre de 2026
martes, 3 de noviembre de 2026
AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E GRAO MEDIO
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
jueves, 29 de octubre de 2026
AXUDA FINANCEIRA DIRECTA DE EMERXENCIA ÁS PERSOAS AGRICULTORAS AFECTADAS POLO SOBRECUSTO DOS FERTILIZANTES E DA ENERXÍA COMO CONSECUENCIA DA CRISE EN ORIENTE PRÓXIMO
Fondo Galego de Garantía Agraria
SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B OU C.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO PARA OS EXERCICIOS 2026 E 2027
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
miércoles, 28 de octubre de 2026
VII PREMIOS VALEDORA DO POBO AOS MELLORES TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) E TRABALLOS FIN DE MÁSTER (TFM) EN MATERIA DE IGUALDADE E DEREITOS DAS MULLERES
Valedor do Pobo
ObxectoEstas bases teñen como obxecto regular a concesión dos VII premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Requisitos
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
Os traballos deberon ser lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, perante calquera universidade galega durante o curso académico 2025/26.
Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presenten nun idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse a tradución.
Solicitudes
As solicitudes axustaranse aos modelos de instancia que figuran como anexos I e II, que estarán á disposición das persoas interesadas no enderezo electrónico do Valedor do Pobo (www.valedordopobo.gal), da Universidade de Santiago de Compostela (www.usc.es), da Universidade da Coruña (www.udc.es) e da Universidade de Vigo (www.uvigo.es), e no Rexistro do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas, de luns a xoves, e das 9.00 ás 14.00 horas os venres, e nos rexistros das universidades citadas.
Coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:
Traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en formato papel e en formato electrónico (CD ou pendrive en formato word, libreoffice ou LaTeX (anexo I).
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.
Lugar e prazo de presentación
Os traballos, dirixidos á valedora do pobo, presentaranse no Rexistro do Valedor do Pobo ou nos rexistros da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No suposto de que non se presenten no rexistro das entidades convocantes, deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación, vía correo electrónico a rexistro@valedordopobo.gal, na que se detalle o medio utilizado de presentación segundo o modelo que consta no anexo II.
As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de decembro 2026. As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria no DOG e nas paxinas web do Valedor do Pobo e das universidades galegas.
Se a solicitude non reúne os datos ou os documentos exixidos, a persoa interesada disporá de 10 días hábiles para corrixir a falta ou achegar os documentos preceptivos desde a recepción da notificación de emenda. No caso de que non o fixese, considerarase que desistiu da súa petición.
Sen prexuízo do anterior, poderase requirir a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a valoración do traballo presentado. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición.
As comunicacións realizaranse exclusivamente a través do enderezo de correo electrónico proporcionado polas persoas solicitantes.
Dotación e tramitación dos premios
1. O xurado poderá conceder os seguintes premios:
– Premio ao mellor traballo fin de grao (TFG): 1.500 € e diploma acreditativo.
– Premio ao mellor traballo fin de máster (TFM): 1.500 € e diploma acreditativo.
lunes, 26 de octubre de 2026
martes, 20 de octubre de 2026
lunes, 19 de octubre de 2026
ABERTA A INSCRICIÓN NO XV PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS DA FUNDACION JUANA DE VEGA
|
viernes, 16 de octubre de 2026
jueves, 15 de octubre de 2026
CONVOCATORIA DA PROBA EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA CELGA 4
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Obxecto.Convocar a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026, con código de procedemento administrativo PL500G.
Persoas destinatarias e número de prazas.
1. Esta convocatoria diríxese ás persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan antes da data de realización da proba, establecida no número 3.
2. O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de duascentas (200).
Data de realización da proba.
A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
Presentación de solicitudes e prazo.
1. As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. A orde de presentación de ambas as solicitudes é indiferente, sempre que se efectúe dentro do prazo establecido no número 4.5.
2. A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I). A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da devandita presentación electrónica.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e a clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) ou o sistema Cl@ve Pin ou Cl@ve Permanente.
3. A presentación da solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, https://formacion-lingua.xunta.gal, realizarase do seguinte xeito: primeiro, a persoa solicitante accederá á devandita plataforma mediante o seu nome de usuario/a e o contrasinal; a continuación, seleccionará a proba e inscribirase nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).
4. Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Navegador web debidamente actualizado (recoméndase ter instalada a última versión de Chrome).
• Cámara web debidamente configurada no ordenador, á cal accederá o sistema durante o tempo que dure a proba en liña para controlar e verificar que a persoa realiza o exame de xeito autónomo e sen axudas externas.
• Micrófono debidamente configurado no ordenador para permitir a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
• Altofalantes debidamente configurados no ordenador para permitir escoitar son (non se poderán utilizar auriculares durante a proba).
• Acceso á conta de correo electrónico especificada no formulario de solicitude.
– Un teléfono móbil que complementará o ordenador durante a proba e que permitirá que o sistema controle o posto en que a persoa realiza o exame en liña desde un segundo punto de vista diferente ao obtido pola propia cámara web do ordenador, con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Aplicación de cámara para vincular un código QR no momento de iniciarse a proba.
• Habilitación de permisos para acceder á cámara e ao micrófono.
• Aplicación Chrome instalada no teléfono móbil.
5. O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA
Escola Galega de Administración Pública
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 27 de outubro de 2026 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.
Persoas destinatarias
Desenvolvemento
Data: martes 27 de outubro de 2026.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas
Corenta e cinco (45).
Inscrición
AMPLIACIÓN DA ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2026
Consellería do Medio Rural
Que, debido ás actuais condicións meteorolóxicas, se amplíe a época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2026 ás datas comprendidas entre o 16 e o 31 de outubro.



