Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2026 dos incentivos á contratación indefinida inicial e a formación de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou por persoas profesionais con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de promover a consolidación do emprego autónomo (código de procedemento TR349F).
Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:
1. Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2. Bono de formación (opcional), por medio do cal se proporcionará unha subvención para accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.