miércoles, 4 de febrero de 2026

AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS QUE FORMAN PARTE DO CONSORCIO DE MOBILIDADE DO PROXECTO ERASMUS+

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113 no curso 2025/26.

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar axudas económicas para a realización da mobilidade de alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113 (anexo I).

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado durante o curso 2025/26 nun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior, que estea en condicións de acceder á realización da formación en centros de traballo (FCT) ou de realizar un período de formación práctica en empresas antes do comezo da mobilidade, ou ter obtido unha titulación de grao superior de Formación Profesional ou certificado dun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior durante os doce (12) meses anteriores á finalización da mobilidade prevista, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I.

Prazo de execución das mobilidades
Non poderá ser posterior á data de finalización do proxecto 2024-1-ES01-KA131-HED-000228113, isto é, o 31 de xullo de 2026.

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131-HED-000237224 no curso 2025/26.

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar axudas económicas para a realización da mobilidade de alumnado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2024-1-ES01-KA131-HED-000237224 (anexo I).

Persoas beneficiarias
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado durante o curso 2025/26 nun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior, que estea en condicións de acceder á realización da formación en centros de traballo (FCT) ou de realizar un período de formación práctica en empresas antes do comezo da mobilidade, ou ter obtido unha titulación de grao superior de Formación Profesional ou certificado dun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior durante os doce (12) meses anteriores á finalización da mobilidade prevista, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I.

Prazo de execución das mobilidades
Non poderá ser posterior á data de finalización do proxecto 2024-1-ES01-KA131-HED-000237224, isto é, o 31 de xullo de 2026.