viernes, 30 de septiembre de 2022

SUBVENCIÓNS PARA A COMERCIALIZACIÓN E DIFUSIÓN DE PROXECTOS E OBRAS AUDIOVISUAIS GALEGAS EN FOROS DE NEGOCIO ESPECIALIZADOS E EVENTOS DE CINE QUE SE CELEBRAN FÓRA DE GALICIA, 2022

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

Persoas beneficiarias
Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.
As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual que leve a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego baixo as epígrafes 961.1 ou 962.1 do IAE e que participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan nas bases e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial nel.

Modalidade B. Participación en eventos de cine.
As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE e poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine que se relacionan nas bases.
As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados nas bases sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o esgotamento do crédito e, como máximo, ata o 1 de novembro de 2022, e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte de conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.