martes, 27 de septiembre de 2022

AXUDAS AO FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO 2022

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR323C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2022 no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.12 Instalacións e equipamentos en común (procedemento MR323C).

Entidades beneficiarias
a) Cooperativas agrarias titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Investimentos subvencionables
1. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a seguir:
a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software e outros permisos.
2. Os gastos xerais dos proxectos non poderán superar o custo subvencionable do investimento, establecéndose un máximo dun 3 % para a redacción do proxecto, dun 3 % para a dirección de obra e dun 3 % para o estudo de viabilidade ou plan empresarial.
3. Non serán subvencionables:
a) Os investimentos indicados no punto 1.a) que non dispoñan da licenza ou permiso administrativo, de ser o caso.
b) A compra de dereitos de produción agrícola, animais e plantas anuais e a súa plantación.
c) Investimentos de simple substitución; maquinaria de segunda man.
d) Os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación.
e) Os montes baixos de ciclo curto.
f) Maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou coa comercialización.
g) Maquinaria e investimentos de carácter forestal.
h) O IVE e outros impostos.
i) As licenzas e taxas administrativas.