lunes, 5 de abril de 2021

PREMIOS DE ARTESANÍA DE GALICIA 2021

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN200A).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Beneficiarios
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Importe
Destínase un total de 13.000 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:
Premio Artesanía de Galicia 2021.
Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.
Premio Traxectoria 2021.
Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
Premio Bolsa Eloy Gesto 2021.
Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 15 de outubro de 2021 e remata ás 14.30 horas do 29 de outubro de 2021.