jueves, 25 de junio de 2020

PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:
• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
• Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
• Sistemas de balizas.
• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
• Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
• Solucións de mellora da ciberseguridade.
• De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.
Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5 das bases reguladoras.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:
a) Microempresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que desenvolvan a súa actividade nalgún dos seguintes sectores:
i. Hostalaría e turismo – CNAE 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de comidas e bebidas), 7711 (alugamento de automóbiles e vehículos de motor lixeiros), 7721 (alugamento de artigos de ocio e deportes), 79 (actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (actividades deportivas, recreativas e de entretemento).
ii. Comercio polo miúdo – CNAE 45 (venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas) e 47 (comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas).
iii. Transporte – Rama H da CNAE (transporte e almacenamento).
iv. Perrucaría e estética persoal, tinturarías, servizos de reparación e outros – CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico), 9601 (lavado e limpeza de pezas de roupa téxtiles e de pel), 9602 (perrucaría e outros tratamentos de beleza), 9603 (pompas fúnebres e actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609 (outros servizos persoais n.c.n.).
v. As seguintes epígrafes de formación: 8532 (educación secundaria técnica e profesional) e 855 (outra educación).
b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) núm. 104/2000 do Consello e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, clústers, colexios profesionais ou cámaras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.