jueves, 11 de junio de 2020

AXUDAS Á INSTALACIÓN DE ANTEPAROS NOS VEHICULOS DEDICADOS A TAXI E ALUGAMENTO DE CONDUTOR

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia, para a adquisición e instalación de anteparos para os vehículos adscritos ás indicadas actividades.
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións (código de procedemento IF311A). En concreto, poderán ser obxecto de subvención os anteparos adquiridos e instalados entre o 1de marzo de 2020 e o 31 de xullo de 2020 pola totalidade de titulares de autorizacións administrativas habilitantes para o desenvolvemento da actividade de transporte interurbano en taxi ou de alugamento de vehículos con condutor, domiciliadas en Galicia.
O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia e expedidas polos servizos de mobilidade competentes.
Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento de aprobación da presente convocatoria de axudas e no de presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de xullo de 2020.