viernes, 24 de enero de 2020

PROGRAMA DE POSTA A PUNTO PARA O EMPREGO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Levar a cabo unha intervención integral que dote as persoas participantes (persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga ou que formen parte dunha unidade de convivencia beneficiaria da Risga) das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial para o acceso ao emprego, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

Entidades beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación da convocatoria cumpran as condicións de:
– ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
– ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión, segundo o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
– estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva.
O período de execución de accións será o comprendido entre a data da notificación da resolución da axuda e o 30 de setembro de 2022.