miércoles, 2 de octubre de 2019

SUBVENCIÓN DESTINADA Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO NO ÁMBITO DAS DROGODEPENDNCIAS E TRASTORNOS ADICTIVOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE


Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar as axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e outros trastornos adictivos con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), xestionado pola Consellería de Sanidade (código de procedemento SA463H).

Entidades beneficiarias
Para seren beneficiarias das axudas publicadas nesta orde as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. A/s entidade/s solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) e no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas, creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables.
f) As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán solicitar as axudas a través destas.
g) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se vaia aplicar a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes abondos para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.