jueves, 15 de noviembre de 2018

PREMIOS EMPRENDENDO NO RURAL

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIA DE LUGO _SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO


BASES DA CONVOCATORIA DOS PREMIOS “EMPRENDENDO NO RURAL” 

OBXECTO E FINALIDADE
A presente convocatoria inclúese dentro do “Plan integral Desenvolvendo o Rural”. Estas bases teñen por obxecto establecer o procedemento de concesión en concorrencia competitiva de premios a iniciativas empresariais en territorios rurais da provincia de Lugo.
A finalidade dos premios é a de impulsar iniciativas empresariais, favorecer proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores que promovan fixar poboación, a economía e o emprego no territorio rural, que incorporen novos modelos de xestión, produtos sistemas ou servizos que contribúan a xeración de riqueza e calidade de vida na provincia de Lugo.

DESTINATARIOS
Poderán participar neste convocatoria o emprendedores/as cunha idea ou proxectos de actividade válido e viable (quedara acreditado na memoria descritiva da actividade) para poñer en marcha, en calquera dos municipios da provincia, agás Lugo.
Os destinatarios dos premios, non terán limitación en canto a idade, debendo cumprir os seguintes requisitos:
• Non ter iniciada a actividade económica presentada no proxecto.
• Estar empadroado en algún concello da provincia.
• Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, de Xeral de Subvencións. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesado.
• Estar o corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia tributaria ( Estado e CCAA), seguridade social e Deputación de Lugo.
A actividade mercantil poderá realizarse en calquera modalidade legal; empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
Os requisitos e condicións para ser beneficiarios deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Deberá manterse a actividade durante un período mínimo de 2 anos, agás cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal se terá que demostrar de forma fidedigna . O Responsable do premio é o solicitante independentemente da fórmula xurídica elixida para materializar a iniciativa empresarial. 

DOCUMENTACIÓN , FORMA E PRAZOS DE SOLICITUDE
4.1 Documentación xeral a achegar para participar nos premios:
• Solicitude de axuda ( Anexo I)
• DNI ou NIE acreditativa da personalidade do solicitante.
• Declaración responsable (Anexo II)
• C. V actualizado do solicitante, documentación acreditativa estritamente relacionada ca idea do proxecto.
• Memoria descritiva da actividade. Dita memoria denominarase Anexo III, terá unha extensión máxima de 20 follas e achegarase como documento adxunto de forma obrigatoria)
Deberá conter os seguintes apartados:
• DATOS DA PERSOA SOLICTANTE E DE SER O CASO A DO REPRESENTANTE (Nome, apelidos e DNI)
• RESUMEN EXECUTIVO (Breve resumen do Plan de empresa)
• PRESENTACIÓN DO PROXECTO
• ESTUDO DE MERCADO (Análise da oferta, da demanda , publico obxectivo, segmentos de mercado...)
• DAFO (Análise das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da súa idea de negocio)
• ESTRATEXIA COMERCIAL/PLAN DE MARKETING (Recollendo os obxectivos e estratexias, ademais das accións que se van a realizar para conseguir estes obxectivos. Analizando o produto, prezo,  promoción e lugar de venda)
• ORGANIZACIÓN E EQUIPO DIRECTIVO
• ANÁLISIS ECONÓMICO E FINANCEIRO:
o BALANCE
o CONTA DE PERDAS E GANANCIAS PARA OS DOUS PRIMEIROS ANOS
o PLAN DE TESOURERIA A 2 ANOS DENDE A CONSTITUCIÓN ( MENSUAL)
• APLICACIÓN DE MEDIDAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL (RSE)
• DOUS CRONOGRAMAS DE PLANIFICACIÓN TEMPORAL DE ACTIVIDADES (Detallaranse as actuacións concretas que se levaran a cabo para a posta en marcha e funcionamento durante os 24 meses seguintes para poder analizar a futuro a actividade da empresa)
o CURTO PRAZO ATA O 31/08/2019
o MEDIO E LARGO PRAZO 24 MESES DENDE A CONSTITUCIÓN 
4.2 Forma e prazos de presentación da solicitude.
Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de maneira telemática, na sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido.
Para presentar a solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo (http://sede.deputacionlugo.org) o solicitante deberá identificarse a través dun certificado dixital dos recoñecidos na Lei 59/2003 de sinatura dixital, no caso de utilizar un certificado persoal deberá achegar un documento no que se acredite que é o representante legal da asociación/entidade. O mesmo certificado utilizado para a identificación utilizarase para o proceso de presentación e sinatura dixital da solicitude, para iso será preciso ter instalada a aplicación Autofirma da Administración Xeral do Estado e que se pode descargar na seguinte ligazón: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html 
Non se admitirá máis dunha solicitude por persoa en relación a unha mesma iniciativa empresarial. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais dende a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións.
A Deputación Provincial concederá un prazo de 10 días hábiles, dende a publicación das listaxes de
requirimento, no taboleiro de anuncios electrónico http://tablonanuncios.deputacionlugo.org para a corrección das deficiencias detectadas nas solicitudes da subvención. Mediante acordo da Xunta de Goberno declararase o desestimento daquelas solicitudes que non se axusten ao establecido nas bases ou que non emendaran as deficiencias no devandito prazo. Non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.
4.3. Comunicacións
As comunicacións aos interesados realizaranse de conformidade co establecido no artigo 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, os actos e comunicacións relativas ao Premios “EMPRENDENDO NO RURAL” que procedan en virtude do procedemento administrativo, faranse públicas no Taboleiro de Anuncios electrónico http://tablonanuncios.deputacionlugo.org, xurdindo a publicación os mesmos efectos que a notificación. Toda comunicación, consulta, achega de documentación dos interesados coa Deputación, farase a través da CARPETA CIDADA na sede electrónica http://sede.deputacionlugo.org (dende o seu expediente) 

CONTIAS E PREMIOS.
5 Premios de 10.000€.
Os premios establecidos nesta convocatoria non están sometidos ao réxime de mínimis segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. A estes premios aplicaráselles a retencións legais que correspondan.