viernes, 13 de octubre de 2017

CONVOCATORIA PROBA DE ACCESO ESPECÍFICO ÁS ENSINANZAS DE TÉCNICO DEPORTIVO EN VELA CURSO 2017/18

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 A inscrición para a realización de tales probas deberá formalizarse na secretaría do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, ata o día 20 de outubro, presentando a documentación establecida no anexo I da citada Resolución do 5 de xuño de 2017, e logo de aboar os prezos públicos establecidos para este tipo de probas no Decreto 89/2013, do 13 de xuño.

– A listaxe de admitidos/as ás probas publicarase o 20 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa.

– A proba específica realizarase o día 24 de outubro nas instalacións do Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa, ás 10.00 horas; poderán variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en Vela con aparello fixo e técnico deportivo en Vela con aparello libre.

– A listaxe de persoas aspirantes que superen as probas publicarase o día 24 de outubro no taboleiro de anuncios e na páxina web do IES Fermín Bouza Brey.

– As reclamacións aos resultados das probas realizaranse ata o día 26 de outubro a través da secretaría do citado IES.

– O número de prazas ofertadas para cursar o ciclo inicial do grao medio de técnico deportivo en Vela con aparello fixo será de 12. No caso de que o número de persoas aspirantes que superen as probas sexa maior que o número de prazas ofertadas, aplicaranse os criterios de admisión, segundo o disposto no artigo 34 do Real decreto 1363/2007, do 27 de outubro.

– O período de matrícula das persoas aspirantes que obteñan praza abranguerá desde a finalización do período de reclamacións ata o 30 de outubro. Para a formalización da matrícula deberase utilizar o modelo establecido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e achegar a documentación indicada que non fose presentada coa solicitude de admisión ás probas, así como o xustificante de ter aboados os prezos públicos de matrícula establecidos no Decreto 89/2013, do 13 de xuño.