miércoles, 10 de mayo de 2017

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE INSTALACIÓNS FOTOVOLTAICAS NAS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións a proxectos de instalacións fotovoltaicas nos edificios das comunidades de propietarios, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (IN421M).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios/as que leven a cabo as instalacións fotovoltaicas establecidas no artigo 5 destas bases nas vivendas nas que sexan titulares da subministración eléctrica e que estean dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.