lunes, 29 de mayo de 2017

BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (en diante, Dirección Xeral) ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.
Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e con veciñanza administrativa en Galicia.
Importe
Para a concesión destas bolsas destínase un crédito de 98.000 euros, que se distribuirá do seguinte xeito: 41.000 euros para o ano 2017 e 57.000 euros para o ano 2018.
O importe da bolsa será de 1.200 euros brutos mensuais no caso de que os destinos sexan no exterior, e 1.000 euros brutos mensuais no caso de que os destinos sexan na sede da Dirección Xeral, que se farán efectivos polo importe líquido tras realizar a retención fiscal e a cota obreira que corresponda, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días.
Os/as bolseiros/as destinados/as no exterior recibirán en concepto de aboamento dos gastos de viaxe, primeiro establecemento, visados, vacinación, seguros, desprazamentos internos ou calquera outro necesario no desenvolvemento da bolsa unha contía máxima de 3.000 euros para cada un dos destinos propostos, que lles será aboada con anterioridade á primeira mensualidade da bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.