jueves, 8 de noviembre de 2012

ESPAZO EMPRENDE CULTURA GAIAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

En execución do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, en que ambas as entidades acordan poñer en marcha un proxecto de emprendemento cultural denominado Emprende Cultura Gaiás na Cidade da Cultura, a Agadic fai públicas as bases polas que se rexerá a participación de emprendedores e profesionais independentes do sector cultural.
En virtude do citado convenio, a Axencia Galega das Industrias Culturais será a entidade que xestione a incorporación de solicitantes aos espazos ofertados.
Tal incorporación rexerase polas presentes bases e polas convocatorias de prazas que se vaian ofertando, que serán publicadas periodicamente na páxina web da Agadic e da Fundación Cidade da Cultura.

Os solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes ámbitos dentro das industrias culturais: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, escritores-guionistas, editores, representantes e promotores artísticos, produtores, xestores culturais, programación de aplicacións informáticas e proxectos culturais na internet, e aqueloutros con vinculación no emprendemento cultural, e estarán suxeitos á decisión motivada da comisión avaliadora prevista na cláusula sexta das presentes bases.
Poderán admitirse profesionais independentes, ou emprendedores que se atopen en proceso de constitución de autónomos.
 Obxecto.Os solicitantes seleccionados poderán instalar o seu posto de traballo no espazo ofertado,dentro do Centro de Emprendemento Creativo de Galicia da Cidade da Cultura, coas seguintes prestacións incluídas na contraprestación:
– Unha mesa de traballo, con conexión telefónica e da internet.
– Un andel.
Servizos comúns:
– Sala de reunións, con internet wifi, proxector, ... (10-15 persoas).
– Despacho para reunións.
– Caixas de correo.
– Almacén-armario.
– Servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos.
– Subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.
A Agadic proporcionará inicialmente apoio e asesoramento na creación da empresa, e  organizará periodicamente exposicións de ideas e proxectos, encontros empresariais e actividades de formación que apoien o desenvolvemento dos proxectos de emprendemento asentados no espazo Emprende Cultura Gaiás.