miércoles, 14 de septiembre de 2011

AXUDAS EN ESPECIE NO SECTOR DE CANLE DE DISTRIBUCIÓN DA INDUSTRIA EDITORIAL


Obxecto: As axudas en especie obxecto desta Convocatoria consisten na posta a disposición dos autónomos e pemes beneficiarios, da «Solución Xestión de Punto de Venda», e comprenderán os medios técnicos, os equipos informáticos e o software necesario para a implantación da solución, así como o asesoramento e a asistencia correspondente para proceder á devandita implantación, tal e como se describen na Base sexta da presente Convocatoria.
Beneficiarios: Para poder concorrer ao procedemento de concesión das axudas en especie deste Proxecto Demostrador, os solicitantes deberán ser autónomos e pemes que cumpran, e acrediten mediante documentación correspondente, todos e cada un dos seguintes requisitos específicos:
a) Dispoñer dun contrato de conexión a Internet de Banda Ancha, así como de dirección de correo electrónico, durante o período establecido no punto 2 da Base novena.
b) Ter un equipo de entre 0 e 9 empregados.
c) Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non exceda de 2 millóns de euros.
d) Desenvolver a súa actividade principal no sector de canle de distribución da industria editorial (comercio polo miúdo de libros, xornais e papelaría) (CNAE 2009: 4761 Comercio ao por menor de libros en establecementos especializados e 4762 Comercio ao por menor de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados).
e) Ter unha antigüidade mínima de dous (2) anos dende a súa constitución. O devandito prazo resulta imprescindible para medir obxectivamente a produtividade inicial consolidada da empresa e a produtividade final despois do Proxecto Demostrador.
f) Non estar incurso en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións.
g) Non se tratar dunha empresa de natureza pública ou con conxunto de accionistas da devandita natureza
h) Que o seu domicilio social estea establecido nalgunha das seguintes Comunidades Autónomas: Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana, Extremadura, Castela La Mancha, Asturias, Galicia ou Castela e León.
2. Os solicitantes deberán achegar a correspondente certificación de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación solicitudes ata o 19 de outubro de 2011.