jueves, 28 de julio de 2011

SUBVENCIÓN PARA O APOIO AO CRECEMENTO EMPRESARIAL MEDIANTE O FOMENTO DA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN EMPRESARIAL


Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas
 que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
– Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
– Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
– Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto